martes, 23 de marzo de 2010

de cando en vez, cando mo piden, aínda xogo a ser xornalista (II)


Tarantino na Casa Branca

Para ter unha mínima idea do suposto pola votación do pasado domingo basta con citar dúas anécdotas que aínda que circunstanciais, poden dar unha boa medida do que estamos a falar. A primeira ten que ver con Flaco, marido dunha amiga que reside en Michigan. Hai un par de anos rompeu un brazo xogando ó fútbol (o normal), algo polo que pasaron, por exemplo, case todos os cativos algunha vez. A factura do brazo roto que precisou de paso por quirófano nunha intervención de non máis de media hora foi de 10 mil dólares. Daphne, muller de Flaco, obviou o feito de ter seguro médico e, crente como é, simplemente lle deu grazas a Deus. A segunda anécdota circula estes días polos foros da ultradereita republicana estadounidense. Disque volveu o comunismo e está a campar ás súas anchas por EEUU, tanto que até The Wall Street Journal editorializou sobre o advenimento dun sistema sanitario soviético. (...)

Seguir lendo Tarantino na Casa Branca en Vieiros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario