miércoles, 10 de marzo de 2010

de cando en vez, cando mo piden, aínda xogo a ser xornalista.


foto: F. Arrizado

Touriño, á súa maneira

Finalmente Emilio Pérez Touriño deixou o seu escano no Parlamento galego. Unha decisión que non por agardada ocasionou menor sorpresa. Mesmo entre os seus compañeiros de grupo, que se decataron da mesma esta mesma mañá. Sabedores, todos, da incomodidade coa que conviven os ex presidentes unha vez abandonado o poder, moitos agardaban pero non deixaban de preguntar cando sucedería. Tanto agardaron desde que presentara a súa dimisión como secretario xeral do PSdeG tras o 1-M, que xa case que o tiñan esquecido. A fin de contas, Touriño non era, nos últimos meses, máis que unha flor máis no Parlamento. Estaba pero non. Non molestaba pero, como pasa coas flores vellas, creaba desconfianza entre os que arelan a chegada das novas. Touriño dixo adeus fiel ó seu estilo. Respectando os tempos como lle gustaba dicir (e facer) na súa época de máximo mandatario galego. Costume que tanto desesperou a algúns compañeiros de partido e á que acabou por xogar todo. Aquela derrota do 1 de marzo supuxo a saída dunha opción progresista da Xunta de Galicia e a súa sentenza política. Non son segredo as súas diferenzas con José Blanco. Co home forte do PSOE xogou unha partida, a do tempo, confiado en que o electorado estaba por agardar. Pero non. Touriño levaba as cartas perdedoras. Na propia carne certificou a fin do milagre ZP e mesmo cargou coa crise que viría despois.

Seguir lendo Touriño, á súa maneira en Vieiros

No hay comentarios:

Publicar un comentario