lunes, 3 de mayo de 2010

en vieiros

No eterno retorno

Non vivín a santificada Transición. Non votei a sacrosanta Constitución. Vivo nun Estado cun Rei que nunca foi sancionado nas urnas polos seus supostos súbditos. Non me valen pretextos tipo o monarca viña de serie ao votar a Carta Magna. É coma cando de cativo, o Raúl encabuxábase no patio do colexio: ou gol ou marcho co balón que para iso é meu. Un sempre quere xogar. Da Guerra Civil, sei o que vin nas películas, lin nos libros, escoitei na casa e, unha vez e de pasada, me ensinaron na escola. Poñela ao final do libro era toda unha declaración de intencións.A Transición foi algo a salvar políticamente —a esquerda tragou con case todo para que a dereita aceptara a súa doma—, xa que facelo éticamente era algo impensábel. Caldo, e non máis, era o que había. E é o que hai. Non asumir responsabilidades converteuse en patrimonio do país como a tortilla de patacas. Así quedou certificado no chamado perdón mutuo. Da Constitución non hai queixa máis aló de non entender por que algúns, desde as trincheiras, empéñanse en revestila dun veo inviolable e un espírito de infalibilidade casi papal. Vade retro, xa que logo, a calquera apaño para os tempos que corren. Os norteamericanos, constitucionalistas teimudos como son, teñen perdida a conta das veces que enmendaron o texto fundacional desde que fora redactado en Filadelfia en 1787 como semente do novo país. Nós, que fixemos do ti vai facendo unha arte, levantamos a casa polo tellado —que pregunten en Barreiros—, e redactamos leis que sancionamos popularmente para logo mirar se caben ou non na Constitución. Ti vai facendo. Despois xa virá o sindios.

Seguir lendo No eterno retorno en Vieiros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario