martes, 19 de octubre de 2010

reescritura publicada

Copperfield en Compostela

Tampouco podo dicir que teña moita experiencia, pero si suficiente. Dous anos de legal e outros catro de negro, varios deles cun delegado que me dixo “mellor si non apareces pola redacción non vaia ser” fan seis con algún que outro intermedio escribindo columnas desde a outra beira do Atlántico.


O daquel delegado tampouco foi moi grave. A fin de contas estaba máis interesado nos seus plans de fin de semana que no traballo diario da redacción. Como non debía estar na redacción non fora ser, dado que era algo así como un corresponsal polas estradas da Galicia profunda, prometeume un portátil que nunca chegou e armoume cunha cámara fotorgráfica compacta. Fun o seu ensaio do que agora chaman xornalista total cando o que queren dicir é total, a secas. Vendo o que chegaba pasei da súa advertencia e escribía na redacción como un ilegal vende CDs piratas na rúa Carretas de Madrid, agardando unha inspección de Traballo que, por suposto, nunca chegou. Un día achegouse á miña mesa e preguntoume se ía precisar da cámara o seguinte fin de semana. Contesteille que non seguro das miñas dotes adivinatorias para a noticia. Quería a cámara prestada para unha regata que tiña aquel fin de semana. Nunca máis a vin, é probable que caera pola borda do iate na ría de Vigo. A aquel delegado premiárono coa dirección dun gratuito dos que xa non existen e eu perdinlle a pista. (...)

seguir lendo Copperfield en Compostela en Galicia Confidencial

No hay comentarios:

Publicar un comentario